Dixeches que soñaras co meu anel pero non engadiches nada sobre a escena. Pouco antes, eu preguntárache: —Poden outras persoas soñar por nós? Como aquela rapaza do autobús: —Cando non lembro os soños, é cando sei que fixeron o seu traballo. O primeiro verán esquecín unha cousa: —Se importa, lembrarémola. Décheslle a volta á frase: —Se cadra o único que importa é o que esquecemos. Saímos pasear. Eu rendinme de novo ao teu raro talento para os bosques. Foi pouco antes de cruzar o regato, pouco despois de ver, á luz do serán, a vella vide da casa que un […]
1. Din que o peor pasou. Nas farmacias segue sen haber mascarillas, pero na rúa todo o mundo leva mascarillas. 2. Se á xente non lle gustase obedecer, os gobernantes non poderían mandar. 3. Todos estamos pechados, aínda que as nosas condicións sexan distintas. É a falta de liberdade a que nos mantén unidos. 4. Aínda hai camas baleiras nalgúns hospitais. Dos lugares nos que onte celebramos concertos, a Xunta vai facer hospitais de campaña. 5. Cando cheguen os tests, quizais botemos de menos o confinamento.
1. O virus é menos contaxioso do que a peste, pero as medidas que os gobernantes adoptan son as mesmas que os reis adoptaron na fin da Idade Media. 2. Os gobernantes son homes. Teñen medo. 3. Primeiro confinaron á poboación nas súas casas. Os súbditos pecháronse e do encerro naceu o Estado soberano. 4. Pechámonos na casa para evitar o contaxio e seguimos mercando. Ás veces chegan libros. O virus contaxiará os traballadores das pequenas empresas, pero os propietarios das multinacionais de mensaxería rézanlle á peste todas as noites en segredo, como se fose un deus. 4. Se ledes […]
1. Alguén delatou a familia que vive debaixo deste piso. Que os nenos precisan aire e luz é algo que sabe todo o mundo. É algo que tamén sabe a persoa que delatou a familia que vive debaixo deste piso. 2. Día si e día non, o pai e a nai da nena atrevéronse a sacala á porta do edificio. Respectaban sempre a distancia de seguridade e non lle deixanban cruzar o parque precintado. 3. A nena xa aprendeu o que é un virus. Dá voltas sobre si, no mesmo lugar onde o outro día un veciño deixou unha bandexa […]
1. Cando isto comezou, o meu mozo dixo: “Estámoslles deixando aos paxaros un mundo novo”. 2. Os paxaros non se queixan, pero cando isto remate estrañarán o tempo no que podían voar sen que os molestásemos. 3. Un par de corvos pasaron por enriba das vías do tren. Perdín a confianza nos sinais dos paxaros. Poida que, como facemos nós, os paxaros só se comuniquen entre eles. 4. Ao volver do supermercado vin que a xente deixara colchóns e cadeiras diante dos contedores. 5. Todos facemos limpeza. É como se estivésemos de mudanza dentro da nosa propia casa. É como […]
I. A profesora de latín dilles aos seus alumnos que fagan os exercicios da aula virtual, pero que sobre todo lean. Sabe que neste tempo sen tempo podemos aprender a ler con calma, aínda que todos os que estudan levan días dicindo que non se poden concentrar. II. A profesora de latín le De rerum natura. Sabe, como escribiu Lucrecio hai moitos séculos, que a natureza é cega e poderosa. III. Se este virus é obra da natureza, será cego e poderoso coma ela. IV. Ninguén sabe con certeza a orixe deste mal pero, de Lucrecio até Marx, o materialismo […]
1. O outro día escoiteille dicir a unha enfermeira: “Non somos heroes. Apláudennos por non ter o material que non tiñamos antes de que todo isto comezase.” 2. Non somos soldados. Se estamos contaxiados sen sabelo, somos inimigos dos outros ou de nós mesmos?
1. A miña amiga dixo: “cando saio mercar, a xente coa que me cruzo aparta a ollada”. 2. Afacémonos a respectar a distancia, e despois afacémonos a non mirar.