Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Unha palabra que nos condena ou nos salva

  • Vexo en Ayn, nese título do libro de Almudena Otero que hoxe presentamos, un exemplo do que nas vellas culturas do Antigo Testamento se denomina šibbóleth שִׁבֹּלֶת. Non só porque este termo hebreo signifique, ademais de espiga, corrente, que o emparentaría semanticamente cunha das dúas acepcións da palabra árabe Ayn, no seu sentido de fonte. Tamén porque hai algo en Axóuxere, tanto na editorial como nos seus proxectos, que apunta cara a un saber de iniciados, do mesmo xeito que na Biblia šibbóleth significa, ademais dos sentidos xa aludidos, contrasinal ou sinal segredo. Unha palabra, por dicilo noutros termos, que […]

    Númax presenta… O pracer de admirar

  • É unha alegría estar canda Jorge Linheira na presentación deste libro de Germán Labrador Méndez. Teño a sorte de coñecer de cerca como traballa o autor, grazas a algunhas conversas previas e ao feito de ter asistido a un seminario cos estudantes do programa de doutoramento en Estudos da literatura e da cultura da USC. Como resultado destas prácticas, e do que elas teñen de observación, podo afirmar que é unha persoa xenerosa e metódica. Tamén que aquilo que pensa é, mesmo cando non pretende selo, provocador. Trátase dunha provocación nada impostada, moi fiel ao sentido etimolóxico do verbo provocare. […]

    Ver mellor e sentir máis

  • Eva Veiga pertence a unha tradición forte culturalmente na poesía occidental pero que, por razóns que tentarei esclarecer aquí, deu froitos ben escasos na poesía galega. E iso engádelle ainda mais valor á súa procura: necesitamos que Veiga sexa leal ao seu apelido e abra un suco na poesía galega por onde, con algo de fortuna,  outros e outras seguirán transitando. Como nomear o suco? Poderiamos dicir que o que Veiga fixo en Soño e vértice afunde as súas raíces na longa tradición da poesía meditativa, que adoito vinculamos aos metafísicos ingleses (é o caso de John Donne, tan querido […]

    Odio á poesía?

  • Chegou a primavera, e con ela o Día Mundial da Poesía. Unha redactora da radio galega coa que conversei a semana pasada deu no cerne dunha cuestión na que levo matinado desde hai anos. Referíase a un mantra moi socorrido cando alguén quere desculpar unha opinión que a miúdo nin sequera se lle pediu: “É que non son lector de poesía”. Unha prevención que raras veces suscitan outros xéneros. E con todo, probablemente a poesía require menos instrución previa que calquera outra práctica artística. Cando menos se é certo, como sostiña Joan Brossa, que os verdadeiros poemas están fóra dos […]

    Case non se parecen a ninguén. Unha reseña de No seu despregar (Apiario Editora, 2016)

  • A miúdo me teño preguntado por que os discursos sobre a poesía nova son tan pouco novidosos. Coido que a resposta está na súa vinculación coa institución familiar, o que loxicamente os enche de ansiedade. Como se Deleuze nunca tivese pensado ou existido, os relatos que adoitan empregarse para explicar os cambios adoitan ser edípicos. E mesmo que fosen eléctricos (termo sen dúbida máis acaído para a poesía galega) o resultado sería semellante: pais e fillas, nais e fillos, pais e fillos, nais e fillas. Monotonía. Non fai falta insistir en que os relatos familiares invisibilizan máis do que visibilizan, […]