Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

María do Cebreiro is a writer in Galician language. As a poet, she has taken part in international poetry festivals, such as Cosmopoética, the Mediterranean Poetry Festival, PontePoética or Umbria Poesia and was granted an artistic stay at the University of Bangor in Wales. She has published the following poetry books: O estadio do espello (1999); (nós, as inadaptadas), runner-up of Esquío Award (2001); Non queres que o poema te coñeza, Caixanova Award of Poetry (2004); Os hemisferios (2006); Objetos perdidos (2007), anthology of her works in Galician and Spanish; Cuarto de outono (2008); Non son de aquí (2009); A guerra, with Daniel Salgado (2012); Os inocentes (2014) and O deserto (2015), Spanish Critics’ Award. Non son de aquí was translated into English by Helena Miguélez-Carballeira in Shearsman Books (2011). In collaboration with Xosé Carlos Hidalgo Lomba she published the artists’ books Poemas históricos (2010) and O grupo (2012). She wrote together with Ismael Ramos the poetic dialogue A ferida (2013), also designed by Hidalgo Lomba

O deserto

  • Apiario, colección Cera Labrada

    2015
  • Premio da crítica española ao mellor libro de poemas en lingua galega
  • ISBN:978-84-943210-3-0
  • https://vimeo.com/146648385
  • , , ,
  • Pasan os ríos ocultos baixo o chan das cidades igual que pasa o amor, que afunde o corazón dos animais humanos sen que eles saiban nin coñecelo nin nomealo. E así é como uns o confunden coa fame, outros coa sede, e os máis coa transmisión de nós en outros: as trabes de madeira, a comida no prato, a calor baixo as sabas. Mais que sería do amor se fose recoñecido e nomeado? Onde se agocharía el que naceu para levar no rostro un antifaz e no sexo unha espada? Non ama o amor a paz, e ninguén debería falar […]

    Os inocentes

      O que nós sentimos está para alén das árbores. Nin a música nos salva nin a terra nos condena. Non hai estrela que o escoite nin fábula que o transmita. Ningunha imaxe nos traduce. Somos o coro sen a traxedia. Somos a vida sen a morte. Non somos a morte. Cando o sol sexa un círculo de lume. Cando da nosa roupa non se desprendan fíos, migas do noso prato, suor do noso esforzo. Cando o universo comprenda que conseguiremos detelo como unha detonación suspende o aire. Cando a nosa sombra se extenda sobre a terra igual que un […]

    A ferida

  • Editado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2013
  • , , , ,
  • PDF
  • Ismael está escribindo un libro de poemas. Unha noite preguntoulle a María se coñecía algunha referencia sobre as feridas. Transcrito con variacións mínimas, o seguinte diálogo é unha continuación desa conversa.  MARÍA: Mira esta frase: “O desexo equivale á procura dun fin. Mentres que a procura dos medios adoita ser razoable, a procura dos fins acostuma a desafiar a razón”. O interesante é que nesa pasaxe equipara o desexo á procura do poema. ISMAEL: O poema como desafío á razón, o desexo como motor, gústame o concepto, moito. MARÍA: Os gregos semellan dicir que a ferida no peito da muller […]

    O grupo

  • Sen distribución comercial. Deseño gráfico de Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2011
  • http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/10/maria-do-cebreiro/
  • , , , ,
  • PDF
  • Paseando con Margarita por Barcelona, tiven unha visión. Imaxinei que eramos asalariadas do século XIX. Dúas mulleres sen propiedade e sen clase, coa amabilidade e a furia vivas no corazón.

    Poemas históricos

  • Editado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2010
  • , , , ,
  • PDF
  • EUROPA (CUARTO REICH) Este é o tempo no que as mulleres rezan para que os seus irmáns suban á superficie, o tempo no que á fin coñecemos no seu rostro a pegada do carbón (foi indigno mirar), o tempo no que seguimos amando a cor do viño, e cada noite seguimos desexando regresar ao noso propio corpo e o seu corpo está lonxe. Este é o tempo no que cada un de nós quedou ollando para as súas propias mans, e quixo preguntar: para que serven? (Para que serve a chuvia?) Iso non o sabemos. Aínda non foi aberta a […]

    I am not from here

    María do Cebreiro is a widely-acclaimed Galician-language poet and critical theorist. Her published poetic works include O estadio do espello [The Mirror Stage] (1998), Nos, as inadaptadas [Us, the Maladapted] (2002), Non queres que o poema te coneza [You don’t want the poem to know you] (2004), Os hemisferios [Hemispheres] (2006), Cuarto de outono [Autumn Room] (2008) and Non son de aqui [I am not from here] (2008). As an academic she has published As antoloxias de poesia en Galicia e Cataluna — representacion poetica e ficcion loxica (2004), As terceiras mulleres (2005), and a variety of articles where new […]

    Os hemisferios

    NEPTUNO —Unha vez intentei bicar unha canción, non se apartou, seguiu soando ata o último compás. —Falas en serio? Cos poetas nunca se sabe. Sodes idealistas. —Cres que podo deixalo? —Poderías pensar antes de dicir nada. (Aquela tarde, no café, estivo a punto de pedirlle: abre os ollos, agora entraría neles, aguantaría a respiración. —Cantos segundos? —Todos. —Deberías ter coidado. Cando baixan os buzos poden perder a conciencia. Ás veces déixanse ir ata o fondo. —Como se o pracer fose máis forte que a vida? —Acarician as oucas. Non regresan. —A vida é un instinto? —A vida é o que […]

    o estadio do espello

  • Edicións Xerais de Galicia

    1998
  • , , ,
  • A memoria é o espazo da reapropiación. Vivo para contalo. Gardo todas as fotos para as que me pediron que sorrira. Agora me decato de que endexamais prescindín do trazo, da impiedade. Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos. Nin os cadernos rubio darían ocultado que o carbón mancha a pel e que a mina se crava con frecuencia no páncreas do inimigo. Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal. (Entón ela abateuse prostrándose por terra e díxolle: –Por qué atopei benquerencia aos teus ollos para reparares en min, sendo como son unha […]