Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

María do Cebreiro exerceu a crítica literaria en medios como Anuario literario de estudos galegos, Grial, A Trabe de Ouro ou Anales de la Literatura Española Contemporánea. Foi colaboradora do suplemento Luces de El País, a través da sección mensual “Centro e periferia”, e traballou durante un ano como crítica do programa Diario cultural da Radio Galega. É autora dos ensaios literarios As terceiras mulleres (2005) e Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (Galaxia, 2011). No ámbito da divulgación académica son salientables o seu Manual de Teoría de la literatura (Castalia, 2006), en coautoría con Fernando Cabo Aseguinolaza, e o cancioneiro de música popular cubana Te seguirá mi canción del alma (USC, 2008), en coautoría con Yolanda Novo Villaverde. Escolmou e traduciu ao galego letras de cancións da tradición cultural afroamericana en Damas negras (2001) e versionou desde o inglés ao galego a obra Tres vidas de Gertrude Stein (2005)

«Historia dunha dedicatoria»

  • El País, 14 de setembro de 2012

  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/13/galicia/1347566460_335088.html
  • , , ,
  • “Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país”. O misterio desta dedicatoria reside, en primeiro termo, en razóns ideolóxicas. A posición das dúas escritoras no campo literario de mediados do século XIX non podía ser máis antagónica. O […]

    «Dickens ou Dostoevski?»

  • El País

    27 de abril de 2012
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/26/galicia/1335467324_114797.html
  • , , , ,
  • O sentido da xustiza, e até o sentido común, sitúannos máis cerca de Celan que de Heidegger. Con todo, non deixan de resultar desacougantes os termos nos que o poeta decidiu interrogar o filósofo. Se o que procuraba era unha resposta clara, ¿por que non formulou unha pregunta clara? A anécdota, fermosamente contada por Ulisse Doga no seu libro Portbou ¿alemán? confirma algunhas ideas sobre a complexidade dos encontros entre escritores. Aínda que ás veces custe recoñecelo, as persoas que máis estimamos poden non ser as mellores depositarias dos nosos problemas. Debido a razóns coma estas, os relatos baseados no […]

    «Literatura e política»

  • El País

    23 de febreiro de 2012
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/23/galicia/1330028687_964075.html
  • , , , ,
  • Até hai poucos anos, a relación entre a literatura e a política parecía un debate case tan inactual como o das armas e as letras. Unha cuestión un chisco bizantina e intelectualmente pouco aceptable, agás cando se trataba de comprender a literatura do pasado. Ningún debate se fundamenta unicamente nas ideas, e a realidade axiña se encargou de lle devolver á política toda a súa actualidade. E ao mesmo tempo comprendemos que os máis interesados en lle restar pertinencia eran os máis permeables aos seus efectos. Ningún debate se fundamenta unicamente nas ideas, e a realidade axiña se encargou de […]

    «Ler ou non»

    Vai para un ano citei na clase o arranque dun poema: “Encheremos as velas / coa luz náufraga da madrugada”. Ningún dos alumnos deu identificado o seu autor. Significa iso algo? Aínda non o sei, mais dende aquela non deixa de medrar en min a conciencia dunha perda. Algúns dos autores que máis quero están a se esvaecer da memoria literaria dos meus alumnos. Obrigarme a escribir sobre iso é un xeito de combater o ton apocalíptico que xeralmente acompaña unha evidencia: lemos cousas distintas das que len os máis mozos, e lémolas dun xeito diferente. A presenza (ou ausencia) […]

    «A biblioteca»

  • El País

    27 de maio de 2011
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2011/05/27/galicia/1306491507_850215.html
  • , , ,
  • Vai para unha semana, na acampada do Obradoiro comezou a medrar unha biblioteca. Ningunha institución mercou os libros para poñelos ao dispor dos cidadáns. Non fixo falta a adquisición de ningún fondo bibliográfico. Non houbo orzamentos nin prebendas, nin compras por catálogo nin doazóns de incunables. A biblioteca foi feita entre todos e para todos. Está chea de xente e na súa curta vida acadou ben máis definición que a Biblioteca da Cidade da Cultura. Unha biblioteca nunca é a suma do que existe, senón o lugar que permite recompoñer a orde dos libros. Por iso houbo quen viu nas […]

    «Ano 3000»

      Carecemos dunha biografía rigorosa de Rosalía de Castro, tal vez porque o atractivo da súa figura a fai máis rendible como mito que como historia. Mais como nos aprendeu a Ilustración -da que Rosalía é herdeira-, os mitos sempre teñen os seus perigos. Aínda que os antropólogos insistan en afirmar o valor cultural dos relatos, quen conta moitas veces o mesmo conto corre o risco de acabar confundíndoo coa realidade. Por máis que se resista, a verdade é o único agasallo que temos para lles ofrecer aos mortos. Dispostos a fatigar as súas mans e o seu tempo nos […]

    «Para que serve a crítica?»

  • El País

    25 de febreiro de 2011
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2011/02/25/galicia/1298632708_850215.html
  • , , ,
  • O pasado mes de xaneiro, o xornal The New York Times presentaba na súa revista de libros un especial sobre a crítica. O monográfico titulábase Por qué é importante a crítica. A ausencia do signo de interrogación parece subscribir a eficacia dun exercicio intelectual sobre o que, como é lóxico e até saudable, sempre recaen todas as sospeitas. En tanto que práctica social, a crítica europea xorde no momento no que a análise literaria comeza a abandonar a orientación preceptiva. A partir de entón, o seu obxectivo xa non será mostrar nin cómo se debe escribir nin qué se debe […]

    «Trescentas linguas»

  • El País

    19 de novembro de 2010
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2010/11/19/galicia/1290165511_850215.html
  • , , ,
  • Dende hai uns anos, en Galicia a cuestión lingüística equivale á cuestión nacional. Non é un grande avance, sobre todo se temos en conta os termos nos que adoitan librarse os debates sobre a lingua. Allea aos argumentos de Dante ou Herder, a controversia adéntrase a a miúdo no relato bíblico da confusión das linguas. Viviriamos mellor cunha única lingua, fose esta natural coma o galego ou artificial como o esperanto? A cuestión, formulada por Terese Moure no ensaio Outro idioma é posible (2005), non semella de resposta doada. A proba é que hoxe o idioma global non é o […]