Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

As delacións

  • 1. Alguén delatou a familia que vive debaixo deste piso. Que os nenos precisan aire e luz é algo que sabe todo o mundo. É algo que tamén sabe a persoa que delatou a familia que vive debaixo deste piso. 2. Día si e día non, o pai e a nai da nena atrevéronse a sacala á porta do edificio. Respectaban sempre a distancia de seguridade e non lle deixanban cruzar o parque precintado. 3. A nena xa aprendeu o que é un virus. Dá voltas sobre si, no mesmo lugar onde o outro día un veciño deixou unha bandexa […]

    Mudarnos ao futuro

  • 1. Cando isto comezou, o meu mozo dixo: “Estámoslles deixando aos paxaros un mundo novo”. 2. Os paxaros non se queixan, pero cando isto remate estrañarán o tempo no que podían voar sen que os molestásemos. 3. Un par de corvos pasaron por enriba das vías do tren. Perdín a confianza nos sinais dos paxaros. Poida que, como facemos nós, os paxaros só se comuniquen entre eles. 4. Ao volver do supermercado vin que a xente deixara colchóns e cadeiras diante dos contedores. 5. Todos facemos limpeza. É como se estivésemos de mudanza dentro da nosa propia casa. É como […]

    Servizos esenciais

  • I. A profesora de latín dilles aos seus alumnos que fagan os exercicios da aula virtual, pero que sobre todo lean. Sabe que neste tempo sen tempo podemos aprender a ler con calma, aínda que todos os que estudan levan días dicindo que non se poden concentrar. II. A profesora de latín le De rerum natura. Sabe, como escribiu Lucrecio hai moitos séculos, que a natureza é cega e poderosa. III. Se este virus é obra da natureza, será cego e poderoso coma ela. IV. Ninguén sabe con certeza a orixe deste mal pero, de Lucrecio até Marx, o materialismo […]

    Non somos heroes

  • 1. O outro día escoiteille dicir a unha enfermeira: “Non somos heroes. Apláudennos por non ter o material que non tiñamos antes de que todo isto comezase.” 2. Non somos soldados. Se estamos contaxiados sen sabelo, somos inimigos dos outros ou de nós mesmos?

    Distancia social

  • 1. A miña amiga dixo: “cando saio mercar, a xente coa que me cruzo aparta a ollada”. 2. Afacémonos a respectar a distancia, e despois afacémonos a non mirar.

    Pero o que importa é como queremos vivir

  • 1. O outro día merquei flores. Non sen certa culpa, como todo o que facemos neste tempo. 2. Deixáronas á porta para evitar o contaxio. 3. As flores cortadas seguen vivas. Este sol de primavera abriu a metade do ramo máis exposta á luz. 4. Virei o xerro, que ningunha visita poderá admirar, para que a outra metade siga medrando. 5. Todos tememos a morte, pero o que importa é como queremos vivir.

    Unha palabra que nos condena ou nos salva

  • Vexo en Ayn, nese título do libro de Almudena Otero que hoxe presentamos, un exemplo do que nas vellas culturas do Antigo Testamento se denomina šibbóleth שִׁבֹּלֶת. Non só porque este termo hebreo signifique, ademais de espiga, corrente, que o emparentaría semanticamente cunha das dúas acepcións da palabra árabe Ayn, no seu sentido de fonte. Tamén porque hai algo en Axóuxere, tanto na editorial como nos seus proxectos, que apunta cara a un saber de iniciados, do mesmo xeito que na Biblia šibbóleth significa, ademais dos sentidos xa aludidos, contrasinal ou sinal segredo. Unha palabra, por dicilo noutros termos, que […]

    Númax presenta… O pracer de admirar

  • É unha alegría estar canda Jorge Linheira na presentación deste libro de Germán Labrador Méndez. Teño a sorte de coñecer de cerca como traballa o autor, grazas a algunhas conversas previas e ao feito de ter asistido a un seminario cos estudantes do programa de doutoramento en Estudos da literatura e da cultura da USC. Como resultado destas prácticas, e do que elas teñen de observación, podo afirmar que é unha persoa xenerosa e metódica. Tamén que aquilo que pensa é, mesmo cando non pretende selo, provocador. Trátase dunha provocación nada impostada, moi fiel ao sentido etimolóxico do verbo provocare. […]