Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás a ver as entradas coa etiqueta "Walter Benjamin".

«A biblioteca»

  • El País

    27 de maio de 2011
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2011/05/27/galicia/1306491507_850215.html
  • , , ,
  • Vai para unha semana, na acampada do Obradoiro comezou a medrar unha biblioteca. Ningunha institución mercou os libros para poñelos ao dispor dos cidadáns. Non fixo falta a adquisición de ningún fondo bibliográfico. Non houbo orzamentos nin prebendas, nin compras por catálogo nin doazóns de incunables. A biblioteca foi feita entre todos e para todos. Está chea de xente e na súa curta vida acadou ben máis definición que a Biblioteca da Cidade da Cultura. Unha biblioteca nunca é a suma do que existe, senón o lugar que permite recompoñer a orde dos libros. Por iso houbo quen viu nas […]

    «Spleen, splash e outras antigas dialécticas» [crítica de Arturo Casas]

    (nós, as inadaptadas) é o segundo libro de poemas de María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976). Tras a obtención do accésit do XXI Premio Esquío, apareceu na colección ferrolá que desde 1980 dirixen Fernando Bores e Julia Uceda. A decisión dun xurado composto por Xulio L. Valcárcel, Estíbaliz Espinosa, María do Carme Kruckenberg e Cesáreo Sánchez Iglesias fixo gañador nesa convocatoria ó poeta Manuel Forcadela por Lámpada e medusa, libro igualmente incorporado á colección Esquío segundo é costume. María do Cebreiro publicara en 1998 na colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais o estadio do espello, rotulado tamén con minúscula […]