Estás a ver as entradas coa etiqueta "El caballero de las botas azules".
Carecemos dunha biografía rigorosa de Rosalía de Castro, tal vez porque o atractivo da súa figura a fai máis rendible como mito que como historia. Mais como nos aprendeu a Ilustración -da que Rosalía é herdeira-, os mitos sempre teñen os seus perigos. Aínda que os antropólogos insistan en afirmar o valor cultural dos relatos, quen conta moitas veces o mesmo conto corre o risco de acabar confundíndoo coa realidade. Por máis que se resista, a verdade é o único agasallo que temos para lles ofrecer aos mortos. Dispostos a fatigar as súas mans e o seu tempo nos […]