Check out all of the posts tagged with: "fragmento".
Nas últimas semanas tense falado moito do libro Fragmentos, miscelánea de de cartas, notas e poemas escritos por Marilyn Monroe entre os anos 1943 e 1962. Nunha ambiciosa operación comercial, os editores Bernard Comment e Stanley Buchthal están tentando converter a unha actriz en autora. Non sabemos se o plan terá éxito, mais no entanto podemos preguntarnos cómo dialogou Marilyn coa literatura dos seus contemporáneos. Nesa tarefa axúdannos as reproducións facsimilares dos seus manuscritos e mecanoscritos, incluídas nestes Fragmentos, e onde non son estrañas as vacilacións e as tachaduras. Algo neuroticamente Mallarmé sostivo que “o mundo existe para ir parar […]