Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás a ver as entradas coa etiqueta "especularidade".

o estadio do espello

  • Edicións Xerais de Galicia

    1998
  • , , ,
  • A memoria é o espazo da reapropiación. Vivo para contalo. Gardo todas as fotos para as que me pediron que sorrira. Agora me decato de que endexamais prescindín do trazo, da impiedade. Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos. Nin os cadernos rubio darían ocultado que o carbón mancha a pel e que a mina se crava con frecuencia no páncreas do inimigo. Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal. (Entón ela abateuse prostrándose por terra e díxolle: –Por qué atopei benquerencia aos teus ollos para reparares en min, sendo como son unha […]