Estás a ver as entradas coa etiqueta "desexo".
NEPTUNO —Unha vez intentei bicar unha canción, non se apartou, seguiu soando ata o último compás. —Falas en serio? Cos poetas nunca se sabe. Sodes idealistas. —Cres que podo deixalo? —Poderías pensar antes de dicir nada. (Aquela tarde, no café, estivo a punto de pedirlle: abre os ollos, agora entraría neles, aguantaría a respiración. —Cantos segundos? —Todos. —Deberías ter coidado. Cando baixan os buzos poden perder a conciencia. Ás veces déixanse ir ata o fondo. —Como se o pracer fose máis forte que a vida? —Acarician as oucas. Non regresan. —A vida é un instinto? —A vida é o que […]