Estás a ver as entradas coa etiqueta "crise".
Paseando con Margarita por Barcelona, tiven unha visión. Imaxinei que eramos asalariadas do século XIX. Dúas mulleres sen propiedade e sen clase, coa amabilidade e a furia vivas no corazón.
EUROPA (CUARTO REICH) Este é o tempo no que as mulleres rezan para que os seus irmáns suban á superficie, o tempo no que á fin coñecemos no seu rostro a pegada do carbón (foi indigno mirar), o tempo no que seguimos amando a cor do viño, e cada noite seguimos desexando regresar ao noso propio corpo e o seu corpo está lonxe. Este é o tempo no que cada un de nós quedou ollando para as súas propias mans, e quixo preguntar: para que serven? (Para que serve a chuvia?) Iso non o sabemos. Aínda non foi aberta a […]