Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Pero o que importa é como queremos vivir

1.

O outro día merquei flores. Non sen certa culpa, como todo o que facemos neste tempo.

2.

Deixáronas á porta para evitar o contaxio.

3.

As flores cortadas seguen vivas.

Este sol de primavera abriu a metade do ramo máis exposta á luz.

4.

Virei o xerro, que ningunha visita poderá admirar, para que a outra metade siga medrando.

5.
Todos tememos a morte, pero o que importa é como queremos vivir.