Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

maria-do-cebreiro-rabade-vilarlaura-dalamaMaría do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976) é escritora e doutora en Teoría da literatura e Literatura comparada. Na actualidade exerce como profesora e vicedecana de cultura na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Até o momento publicou dez libros de poemas en lingua galega, entre os que cabe salientar O estadio do espello (1998); (nós, as inadaptadas) (2001), Non queres que o poema te coñeza (2004), Os Hemisferios (2006), Os inocentes (2014) e O deserto (2015), Premio da Crítica española. A súa obra foi traducida a varios idiomas, entre eles o español, o inglés, o alemán ou o ruso, e figura en escolmas como Objetos perdidos (2007, To the Wings Our Sails (2010), Breogan’s Lighthous (2010) ou Punto de ebullición (2015). Como investigadora cursou estadías en centros como a Universitat de Barcelona, a Zürich Universität, a Universidad de Mar del Plata, a Universidade de Lisboa ou a City University of New York, onde traballou co profesor Xoán González-Millán. É autora dos ensaios As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña, polo que recibiu o Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica, As terceiras mulleres (2005) e Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (2011).

Fotografía © Laura Dalama