1.
Cando isto comezou, o meu mozo dixo:
“Estámoslles deixando aos paxaros un mundo novo”.
2.
Os paxaros non se queixan, pero cando isto remate estrañarán o tempo no que podían voar sen que os molestásemos.
3.
Un par de corvos pasaron por enriba das vías do tren.
Perdín a confianza nos sinais dos paxaros.
Poida que, como facemos nós, os paxaros só se comuniquen entre eles.
4.
Ao volver do supermercado vin que a xente deixara colchóns e cadeiras diante dos contedores.
5.
Todos facemos limpeza. É como se estivésemos de mudanza dentro da nosa propia casa.
É como se ao limpar armarios e mover mobles estivésemos tentando mudarnos ao futuro.