Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás a ver as entradas coa etiqueta "meditación".

O deserto

  • Apiario, colección Cera Labrada

    2015
  • Premio da crítica española ao mellor libro de poemas en lingua galega
  • ISBN:978-84-943210-3-0
  • https://vimeo.com/146648385
  • , , ,
  • Pasan os ríos ocultos baixo o chan das cidades igual que pasa o amor, que afunde o corazón dos animais humanos sen que eles saiban nin coñecelo nin nomealo. E así é como uns o confunden coa fame, outros coa sede, e os máis coa transmisión de nós en outros: as trabes de madeira, a comida no prato, a calor baixo as sabas. Mais que sería do amor se fose recoñecido e nomeado? Onde se agocharía el que naceu para levar no rostro un antifaz e no sexo unha espada? Non ama o amor a paz, e ninguén debería falar […]

    O grupo

  • Sen distribución comercial. Deseño gráfico de Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2011
  • http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/10/maria-do-cebreiro/
  • , , , ,
  • PDF
  • Paseando con Margarita por Barcelona, tiven unha visión. Imaxinei que eramos asalariadas do século XIX. Dúas mulleres sen propiedade e sen clase, coa amabilidade e a furia vivas no corazón.