Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás a ver as entradas coa etiqueta "amor".

Os inocentes

  O que nós sentimos está para alén das árbores. Nin a música nos salva nin a terra nos condena. Non hai estrela que o escoite nin fábula que o transmita. Ningunha imaxe nos traduce. Somos o coro sen a traxedia. Somos a vida sen a morte. Non somos a morte. Cando o sol sexa un círculo de lume. Cando da nosa roupa non se desprendan fíos, migas do noso prato, suor do noso esforzo. Cando o universo comprenda que conseguiremos detelo como unha detonación suspende o aire. Cando a nosa sombra se extenda sobre a terra igual que un […]

Poemas históricos

  • Editado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2010
  • , , , ,
  • PDF
  • EUROPA (CUARTO REICH) Este é o tempo no que as mulleres rezan para que os seus irmáns suban á superficie, o tempo no que á fin coñecemos no seu rostro a pegada do carbón (foi indigno mirar), o tempo no que seguimos amando a cor do viño, e cada noite seguimos desexando regresar ao noso propio corpo e o seu corpo está lonxe. Este é o tempo no que cada un de nós quedou ollando para as súas propias mans, e quixo preguntar: para que serven? (Para que serve a chuvia?) Iso non o sabemos. Aínda non foi aberta a […]