Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image
Recepción
  • Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2006, 195; Poesiagalega.org

    2006
  • En prensa e en liña páxinas
  • http://www.poesiagalega.org/uploads/media/bermudez_2006_cebreiro.pdf
  • , , ,
  • «Os Hemisferios» [crítica de Silvia Bermúdez]

    «Divididos, segundo categorías xeográficas, nas dúas metades do planeta, os hemisferios evocan e convocan, simultaneamente,norte/sur e oriente/occidente a partir de liñas divisorias —xa sexa o ecuador, xa un meridiano— que os delimitan e enlazan. As coordenadas xeográficas metaforizan unha rosa dos ventos e, a través delas, María do Cebreiro invítanos a visitar uns Hemisferios deseñados con palabras que exploran o entrecruzamento de liñas e buscas expresivas, onde a poesía dialoga con outras esferas artísticas, experimenta coa enunciación doutras voces, para anovarse, e así, trazar novos espazos poéticos, novas órbitas de experimentación. A orixinal proposta, coa súa evocación do espazo, do tempo, do corpóreo e corporal ao xeito das performances, é unha invitación a visitar paraxes e paisaxes, alleas e familiares, da terra e do noso sistema solar que se abren ante nós cal galaxias por acadar, con ese golpe de misterio e de cotián que teñen as palabras da tribo.

    A importancia da performance n’Os hemisferios foi resaltada por Helena González Fernández en “Cuando la poeta emula a Kepler” Grial (174, 2007), ao explicar que o poemario non pode deixar de lerse, á luz e ao contraluz, do proxecto desenvolvido por María do Cebreiro e pola artista portuguesa Joana Pimentel (Porto, 1971) no 2006. Trátase de sete fotografías que levan por título Hemisferios sereis e onde os versos de María do Cebreiro semellan flotar, xa sexa para escapar, xa para estirar ou empurrar a figura feminina vestida de negro que recollen os fotogramas de 120×120 que poden visitarse en www.galeriapedrooliveira.com/archive/artists/joana_pimentel.htm. Así, os versos de poemas como “A natureza”, “A diferenza”, ou “O poema” ondean no traballo de Joana Pimentel para logo tamén flotar na vía láctea a lírica que conforman Os hemisferios