Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image
Literatura
  • Sen distribución comercial. Deseño gráfico de Xosé Carlos Hidalgo Lomba

    2011
  • http://asescollaselectivas.blogaliza.org/2012/04/10/maria-do-cebreiro/
  • , , , ,
  • PDF
  • O grupo

    Un texto deseñado por Xosé Carlos Hidalgo Lomba, que non chegou a distribuírse no intre de ser editado. Sen valor comercial, e até o de agora distribuído só nunha tiraxe mínima, foi concibido como un caderno negro da crise, un diario xurdido ao fío dos traballos e dos días. O grupo reflexiona sobre o mundo laboral no capitalismo serodio e sobre o xeito no que os intereses individuais se infiltran mesmo nas formas de resistencia á dominación, impedindo calquera sentido puro ou literal do termo solidariedade.

    o_grupo

    Paseando con Margarita por Barcelona, tiven unha visión. Imaxinei que eramos asalariadas do século XIX. Dúas mulleres sen propiedade e sen clase, coa amabilidade e a furia vivas no corazón.