Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

María do Cebreiro exerceu a crítica literaria en medios como Anuario literario de estudos galegos, Grial, A Trabe de Ouro ou Anales de la Literatura Española Contemporánea. Foi colaboradora do suplemento Luces de El País, a través da sección mensual “Centro e periferia”, e traballou durante un ano como crítica do programa Diario cultural da Radio Galega. É autora dos ensaios literarios As terceiras mulleres (2005) e Fogar impronunciable. Poesía e pantasma (Galaxia, 2011). No ámbito da divulgación académica son salientables o seu Manual de Teoría de la literatura (Castalia, 2006), en coautoría con Fernando Cabo Aseguinolaza, e o cancioneiro de música popular cubana Te seguirá mi canción del alma (USC, 2008), en coautoría con Yolanda Novo Villaverde. Escolmou e traduciu ao galego letras de cancións da tradición cultural afroamericana en Damas negras (2001) e versionou desde o inglés ao galego a obra Tres vidas de Gertrude Stein (2005)

«Quen teme a Marilyn Monroe?»

  • El País

    22 de outubro de 2010
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2010/10/22/galicia/1287742709_850215.html
  • , , ,
  • Nas últimas semanas tense falado moito do libro Fragmentos, miscelánea de de cartas, notas e poemas escritos por Marilyn Monroe entre os anos 1943 e 1962. Nunha ambiciosa operación comercial, os editores Bernard Comment e Stanley Buchthal están tentando converter a unha actriz en autora. Non sabemos se o plan terá éxito, mais no entanto podemos preguntarnos cómo dialogou Marilyn coa literatura dos seus contemporáneos. Nesa tarefa axúdannos as reproducións facsimilares dos seus manuscritos e mecanoscritos, incluídas nestes Fragmentos, e onde non son estrañas as vacilacións e as tachaduras. Algo neuroticamente Mallarmé sostivo que “o mundo existe para ir parar […]

    «Deixar de viaxar»

  • El País

    24 de setembro de 2010
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2010/09/24/galicia/1285323516_850215.html
  • , , ,
  • Non hai historia da literatura que non sexa unha historia das viaxes. Aínda que dende a escola nos afixeron a pensar as culturas nos termos da súa fundación, o certo é que resulta máis doado datar os seus desprazamentos. Comezamos a coñecer as tormentas de area do deserto por Heródoto, que non era nómade, e a cor do mar dos gregos por Homero, do que pouco sabemos e que se cadra nunca existiu. Ao longo do século XX, as empresas editoriais galegas souberon, mal que ben, alimentar o apetito voraz dos viaxeiros. O xénero da guía, cultivado por autores como […]