Estás viendo las entradas con la etiqueta "suxeito".
O que nós sentimos está para alén das árbores. Nin a música nos salva nin a terra nos condena. Non hai estrela que o escoite nin fábula que o transmita. Ningunha imaxe nos traduce. Somos o coro sen a traxedia. Somos a vida sen a morte. Non somos a morte. Cando o sol sexa un círculo de lume. Cando da nosa roupa non se desprendan fíos, migas do noso prato, suor do noso esforzo. Cando o universo comprenda que conseguiremos detelo como unha detonación suspende o aire. Cando a nosa sombra se extenda sobre a terra igual que un […]
«Esperábase moito da poeta María do Cebreiro desde que en 1998 publicou o primeiro libro. As mellores expectativas sobardaron c’Os hemisferios (Galaxia, 2006), un título xa referente neste comezo do XXI. A autora soubo atopar no diálogo paradoxal a canle idónea para poñer algunha das súas grandes virtudes (a axilidade, a laboriosa espontaneidade do verso) ao servizo dunha crítica da comunicación. Malia que se conserven certos achados formais con respecto a ese unanimemente recoñecido poemario, Cuarto de outono (Sotelo Blanco, 2008) e Non son de aquí (Xerais, 2008) intensifican con maior subxectividade e novas ferramentas de comprensión a paraxe case […]
A memoria é o espazo da reapropiación. Vivo para contalo. Gardo todas as fotos para as que me pediron que sorrira. Agora me decato de que endexamais prescindín do trazo, da impiedade. Porque a caligrafía consiste na ilusión de que non nos torcemos. Nin os cadernos rubio darían ocultado que o carbón mancha a pel e que a mina se crava con frecuencia no páncreas do inimigo. Agás no teu. Arrincáronche os ollos e iso faite inmortal. (Entón ela abateuse prostrándose por terra e díxolle: –Por qué atopei benquerencia aos teus ollos para reparares en min, sendo como son unha […]