Estás viendo las entradas con la etiqueta "literatura galega".
Vai para un ano citei na clase o arranque dun poema: «Encheremos as velas / coa luz náufraga da madrugada». Ningún dos alumnos deu identificado o seu autor. Significa iso algo? Aínda non o sei, mais dende aquela non deixa de medrar en min a conciencia dunha perda. Algúns dos autores que máis quero están a se esvaecer da memoria literaria dos meus alumnos. Obrigarme a escribir sobre iso é un xeito de combater o ton apocalíptico que xeralmente acompaña unha evidencia: lemos cousas distintas das que len os máis mozos, e lémolas dun xeito diferente. A presenza (ou ausencia) […]