Estás viendo las entradas con la etiqueta "imaxe".
María do Cebreiro constrúe unha metáfora da vida nun dos libros máis salientables da súa celmosa traxectoria poética: «O deserto», un libro para ler e tocar. Internarse polas páxinas deste libro supón un desafío, un reto suxestivo que conleva, implicitamente, predispor os sentidos para atopar outra cousa: algo, sen dúbida, esixente mais aseguro que nada frustrante; algo diferente mesmo no percorrido creativo que exhibiu, até o de agora, María de Cebreiro. E os sentidos que primeiro se esixen son a vista e o tacto por mor dese singular «continente» no que se envolve: o deseño que Apiario ideou incorpora unha […]
Pasan os ríos ocultos baixo o chan das cidades igual que pasa o amor, que afunde o corazón dos animais humanos sen que eles saiban nin coñecelo nin nomealo. E así é como uns o confunden coa fame, outros coa sede, e os máis coa transmisión de nós en outros: as trabes de madeira, a comida no prato, a calor baixo as sabas. Mais que sería do amor se fose recoñecido e nomeado? Onde se agocharía el que naceu para levar no rostro un antifaz e no sexo unha espada? Non ama o amor a paz, e ninguén debería falar […]
Paseando con Margarita por Barcelona, tiven unha visión. Imaxinei que eramos asalariadas do século XIX. Dúas mulleres sen propiedade e sen clase, coa amabilidade e a furia vivas no corazón.
«Divididos, segundo categorías xeográficas, nas dúas metades do planeta, os hemisferios evocan e convocan, simultaneamente,norte/sur e oriente/occidente a partir de liñas divisorias —xa sexa o ecuador, xa un meridiano— que os delimitan e enlazan. As coordenadas xeográficas metaforizan unha rosa dos ventos e, a través delas, María do Cebreiro invítanos a visitar uns Hemisferios deseñados con palabras que exploran o entrecruzamento de liñas e buscas expresivas, onde a poesía dialoga con outras esferas artísticas, experimenta coa enunciación doutras voces, para anovarse, e así, trazar novos espazos poéticos, novas órbitas de experimentación. A orixinal proposta, coa súa evocación do espazo, do […]