Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás viendo las entradas con la etiqueta "devocionario".

«O Deserto» [crítica de Ramón Nicolás]

  • Faro de Vigo (26 de febreiro de 2016), Caderno da Crítica. Blogue de Ramón Nicolás

    2016
  • En prensa e en liña páginas
  • https://cadernodacritica.wordpress.com/2016/02/29/o-deserto-de-maria-do-cebreiro/
  • , , ,
  • María do Cebreiro constrúe unha metáfora da vida nun dos libros máis salientables da súa celmosa traxectoria poética: «O deserto», un libro para ler e tocar. Internarse polas páxinas deste libro supón un desafío, un reto suxestivo que conleva, implicitamente, predispor os sentidos para atopar outra cousa: algo, sen dúbida, esixente mais aseguro que nada frustrante; algo diferente mesmo no percorrido creativo que exhibiu, até o de agora, María de Cebreiro. E os sentidos que primeiro se esixen son a vista e o tacto por mor dese singular «continente» no que se envolve: o deseño que Apiario ideou incorpora unha […]

    O deserto

  • Apiario, colección Cera Labrada

    2015
  • Premio da crítica española ao mellor libro de poemas en lingua galega
  • ISBN:978-84-943210-3-0
  • https://vimeo.com/146648385
  • , , ,
  • Pasan os ríos ocultos baixo o chan das cidades igual que pasa o amor, que afunde o corazón dos animais humanos sen que eles saiban nin coñecelo nin nomealo. E así é como uns o confunden coa fame, outros coa sede, e os máis coa transmisión de nós en outros: as trabes de madeira, a comida no prato, a calor baixo as sabas. Mais que sería do amor se fose recoñecido e nomeado? Onde se agocharía el que naceu para levar no rostro un antifaz e no sexo unha espada? Non ama o amor a paz, e ninguén debería falar […]