Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Estás viendo las entradas con la etiqueta "clásicos".

«Dickens ou Dostoevski?»

  • 27 de abril de 2012
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/04/26/galicia/1335467324_114797.html
  • , , , ,
  • O sentido da xustiza, e até o sentido común, sitúannos máis cerca de Celan que de Heidegger. Con todo, non deixan de resultar desacougantes os termos nos que o poeta decidiu interrogar o filósofo. Se o que procuraba era unha resposta clara, ¿por que non formulou unha pregunta clara? A anécdota, fermosamente contada por Ulisse Doga no seu libro Portbou ¿alemán? confirma algunhas ideas sobre a complexidade dos encontros entre escritores. Aínda que ás veces custe recoñecelo, as persoas que máis estimamos poden non ser as mellores depositarias dos nosos problemas. Debido a razóns coma estas, os relatos baseados no […]

    «Ler ou non»

    Vai para un ano citei na clase o arranque dun poema: «Encheremos as velas / coa luz náufraga da madrugada». Ningún dos alumnos deu identificado o seu autor. Significa iso algo? Aínda non o sei, mais dende aquela non deixa de medrar en min a conciencia dunha perda. Algúns dos autores que máis quero están a se esvaecer da memoria literaria dos meus alumnos. Obrigarme a escribir sobre iso é un xeito de combater o ton apocalíptico que xeralmente acompaña unha evidencia: lemos cousas distintas das que len os máis mozos, e lémolas dun xeito diferente. A presenza (ou ausencia) […]