Estás viendo las entradas con la etiqueta "biblioteca".
Vai para unha semana, na acampada do Obradoiro comezou a medrar unha biblioteca. Ningunha institución mercou os libros para poñelos ao dispor dos cidadáns. Non fixo falta a adquisición de ningún fondo bibliográfico. Non houbo orzamentos nin prebendas, nin compras por catálogo nin doazóns de incunables. A biblioteca foi feita entre todos e para todos. Está chea de xente e na súa curta vida acadou ben máis definición que a Biblioteca da Cidade da Cultura. Unha biblioteca nunca é a suma do que existe, senón o lugar que permite recompoñer a orde dos libros. Por iso houbo quen viu nas […]