Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

A quen confinar

doutor

1.
Din que o peor pasou.

Nas farmacias segue sen haber mascarillas, pero na rúa todo o mundo leva mascarillas.

2.

Se á xente non lle gustase obedecer, os gobernantes non poderían mandar.

3.

Todos estamos pechados, aínda que as nosas condicións sexan distintas.

É a falta de liberdade a que nos mantén unidos.

4.
Aínda hai camas baleiras nalgúns hospitais.

Dos lugares nos que onte celebramos concertos, a Xunta vai facer hospitais de campaña.

5.
Cando cheguen os tests, quizais botemos de menos o confinamento.