Check out all of the posts tagged with: "literatura de viaxes".
Non hai historia da literatura que non sexa unha historia das viaxes. Aínda que dende a escola nos afixeron a pensar as culturas nos termos da súa fundación, o certo é que resulta máis doado datar os seus desprazamentos. Comezamos a coñecer as tormentas de area do deserto por Heródoto, que non era nómade, e a cor do mar dos gregos por Homero, do que pouco sabemos e que se cadra nunca existiu. Ao longo do século XX, as empresas editoriais galegas souberon, mal que ben, alimentar o apetito voraz dos viaxeiros. O xénero da guía, cultivado por autores como […]