Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Check out all of the posts tagged with: "lírica".

Os inocentes

  O que nós sentimos está para alén das árbores. Nin a música nos salva nin a terra nos condena. Non hai estrela que o escoite nin fábula que o transmita. Ningunha imaxe nos traduce. Somos o coro sen a traxedia. Somos a vida sen a morte. Non somos a morte. Cando o sol sexa un círculo de lume. Cando da nosa roupa non se desprendan fíos, migas do noso prato, suor do noso esforzo. Cando o universo comprenda que conseguiremos detelo como unha detonación suspende o aire. Cando a nosa sombra se extenda sobre a terra igual que un […]