Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Check out all of the posts tagged with: "crítica".

«O Deserto» [crítica de Ramón Nicolás]

  • Faro de Vigo (26 de febreiro de 2016), Caderno da Crítica. Blogue de Ramón Nicolás

    2016
  • En prensa e en liña pages
  • https://cadernodacritica.wordpress.com/2016/02/29/o-deserto-de-maria-do-cebreiro/
  • , , ,
  • María do Cebreiro constrúe unha metáfora da vida nun dos libros máis salientables da súa celmosa traxectoria poética: «O deserto», un libro para ler e tocar. Internarse polas páxinas deste libro supón un desafío, un reto suxestivo que conleva, implicitamente, predispor os sentidos para atopar outra cousa: algo, sen dúbida, esixente mais aseguro que nada frustrante; algo diferente mesmo no percorrido creativo que exhibiu, até o de agora, María de Cebreiro. E os sentidos que primeiro se esixen son a vista e o tacto por mor dese singular «continente» no que se envolve: o deseño que Apiario ideou incorpora unha […]

    «Incorrigibly Spain» [Keith Payne]

  • The Level Crossing. Poetry Matters Spread the World Issue 1

    2016 , pp.26-29
  • , , , ,
  • «It was as if MacNeice had predicted what was happening in front of me on the screen last night. I was sat at my desk in Vigo correcting some Galician translations, a haf dozen tabs open on the desktop as I clicked back and forth between dictionaries, verb tables and the newsfeed coming from the exit polls for Spain’s general election: the two party system was over, things had changed suddenly.»

    «Para que serve a crítica?»

  • El País

    25 de febreiro de 2011
  • Sección “Centro e periferia”, Suplemento Luces
  • http://elpais.com/diario/2011/02/25/galicia/1298632708_850215.html
  • , , ,
  • O pasado mes de xaneiro, o xornal The New York Times presentaba na súa revista de libros un especial sobre a crítica. O monográfico titulábase Por qué é importante a crítica. A ausencia do signo de interrogación parece subscribir a eficacia dun exercicio intelectual sobre o que, como é lóxico e até saudable, sempre recaen todas as sospeitas. En tanto que práctica social, a crítica europea xorde no momento no que a análise literaria comeza a abandonar a orientación preceptiva. A partir de entón, o seu obxectivo xa non será mostrar nin cómo se debe escribir nin qué se debe […]

    «Os Hemisferios» [crítica de Silvia Bermúdez]

  • Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2006, 195; Poesiagalega.org

    2006
  • En prensa e en liña pages
  • http://www.poesiagalega.org/uploads/media/bermudez_2006_cebreiro.pdf
  • , , ,
  • «Divididos, segundo categorías xeográficas, nas dúas metades do planeta, os hemisferios evocan e convocan, simultaneamente,norte/sur e oriente/occidente a partir de liñas divisorias —xa sexa o ecuador, xa un meridiano— que os delimitan e enlazan. As coordenadas xeográficas metaforizan unha rosa dos ventos e, a través delas, María do Cebreiro invítanos a visitar uns Hemisferios deseñados con palabras que exploran o entrecruzamento de liñas e buscas expresivas, onde a poesía dialoga con outras esferas artísticas, experimenta coa enunciación doutras voces, para anovarse, e así, trazar novos espazos poéticos, novas órbitas de experimentación. A orixinal proposta, coa súa evocación do espazo, do […]

    «Spleen, splash e outras antigas dialécticas» [crítica de Arturo Casas]

    (nós, as inadaptadas) é o segundo libro de poemas de María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976). Tras a obtención do accésit do XXI Premio Esquío, apareceu na colección ferrolá que desde 1980 dirixen Fernando Bores e Julia Uceda. A decisión dun xurado composto por Xulio L. Valcárcel, Estíbaliz Espinosa, María do Carme Kruckenberg e Cesáreo Sánchez Iglesias fixo gañador nesa convocatoria ó poeta Manuel Forcadela por Lámpada e medusa, libro igualmente incorporado á colección Esquío segundo é costume. María do Cebreiro publicara en 1998 na colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais o estadio do espello, rotulado tamén con minúscula […]