Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Check out all of the posts tagged with: "Arturo Casas".

«Spleen, splash e outras antigas dialécticas» [crítica de Arturo Casas]

(nós, as inadaptadas) é o segundo libro de poemas de María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976). Tras a obtención do accésit do XXI Premio Esquío, apareceu na colección ferrolá que desde 1980 dirixen Fernando Bores e Julia Uceda. A decisión dun xurado composto por Xulio L. Valcárcel, Estíbaliz Espinosa, María do Carme Kruckenberg e Cesáreo Sánchez Iglesias fixo gañador nesa convocatoria ó poeta Manuel Forcadela por Lámpada e medusa, libro igualmente incorporado á colección Esquío segundo é costume. María do Cebreiro publicara en 1998 na colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais o estadio do espello, rotulado tamén con minúscula […]