1.
Alguén delatou a familia que vive debaixo deste piso.
Que os nenos precisan aire e luz é algo que sabe todo o mundo.
É algo que tamén sabe a persoa que delatou a familia que vive debaixo deste piso.
2.
Día si e día non, o pai e a nai da nena atrevéronse a sacala á porta do edificio.
Respectaban sempre a distancia de seguridade e non lle deixanban cruzar o parque precintado.
3.
A nena xa aprendeu o que é un virus.
Dá voltas sobre si, no mesmo lugar onde o outro día un veciño deixou unha bandexa de bombóns para que os colleramos ao volver da compra.
4.
“Imaxinas que isto acontecese nos anos corenta?”
Non abordaria con dicirlles aos policías que a nena está anguriada porque non pode saír.
A escena continuaría a porta pechada nunha comisaría.
5.
Para os anos corenta só faltan vinte anos.