Maria do Cebreiro Rábade Villar random header image

Servizos esenciais

de rerum

I.

A profesora de latín dilles aos seus alumnos que fagan os exercicios da aula virtual, pero que sobre todo lean.

Sabe que neste tempo sen tempo podemos aprender a ler con calma, aínda que todos os que estudan levan días dicindo que non se poden concentrar.

II.

A profesora de latín le De rerum natura. Sabe, como escribiu Lucrecio hai moitos séculos, que a natureza é cega e poderosa.

III.

Se este virus é obra da natureza, será cego e poderoso coma ela.

IV.

Ninguén sabe con certeza a orixe deste mal pero, de Lucrecio até Marx, o materialismo é unha forza capaz de acoller o imprevisible.

V.

O materialismo non é unha idea, senón unha forza.

VI.

Lede con calma. Quen sabe se cando remate este tempo poderemos medrar.